28 de mayo de 2013
Obradoiros no Museo
No Museo Massó continuamos co programa de obradoiros paragrupos de
nen@s. As datas adaptaranse a dispoñibilidade dos solicitantes.
Para nen@s de 5 a 9 anos
En busca do tesouro
A partir dun mapa e algunhas pistas orientativas, os participantes
terán que encontrar as diferentes partes dun crebacabezas, coma si dun tesouro
se tratara. A ruta do mapa centrarase na primeira volta ao mundo e os
motivos comerciais que a impulsaron.
“ Mar á
vista “
Xogo de recoñecemento de obxectos
representados nunha das pinturas de Urbano Lugrís. Os nenos deberán ir
descubrindo cal é o obxecto presentado e cal é a súa representación na pintura.
Para nen@s de mais de 9 anos
Seguir o rumbo. A agulla de marear
Este obradoiro ten como obxectivo facer comprender as propiedades magnéticas da Terra e familiarizar aos
escolares co manexo do instrumento e a súa utilidade na navegación.
O mapa do mariñeiro. A carta náutica
Os alumnos poderán familiarizarse coa interpretación e manexo das
cartas náuticas, aprender a utilizar as unidades de medidas náuticas e as
escalas e situar os puntos de referencia da costa e os faros de Bueu no mapa.
Para toda
a familia
Atando Cabos. Nós mariñeiros
Obradoiro práctico de aprendizaxe de 5 nós mariñeiros básicos:
Cote, As de Guía, Chan, Oito e Ballestrinque. Explicarase a súa orixe e
aplicación. Montarase un pequeno cadro de nós.
Os obradoiros terán entre unha hora e hora e media de duración.
A inscrición deberá
realizarse chamando ao teléfono 986 321 838 onde serán atendidos entre as
10.00 y las 20.00 h. de luns a venres, ou a través do correo electrónico museo.masso@xunta.es,
enviando un nome e un teléfono de contacto.
20 de mayo de 2013
O sábado 25 e o
domingo 26 de maio
Luciano Pérez impartirá o curso
A Zanfona e os trovadores na tradición
musical galega
O curso desenvolverase en dúas fases,
unha teórica na que se dan aos
participantes unhas nocións básicas sobre os instrumentos musicais e as
distintas formas nas que se produce o
son, e sobre a zanfona en particular.
A fase práctica consistirá na
construcción por parte de cada participante da súa pequena caixa de
música-zanfona coa melodía dunha das cantigas
a Santa María de Alfonso X “O Sabio”.
Sábado 25 de maio de 12 a 14h. e de 17 a 20
h.
Domingo 26 de maio de 11 a 14h.
Idade:
de 12 en adiante.
Inscrición previa: Telf. 986 321
838 // museo.masso@xunta.es
O sábado, ao finalizar a xornada do
curso, Carlos do Viso interpretará á zanfona unhas cantigas de cego percorrendo
as salas de exposición.
16 de mayo de 2013
Unha
Peza Singular
A ZANFONA
do 14 ao 26 de maio
Durante dúas semanas mostrarase nunha das salas do museo a zanfona que pertenceu á familia Massó
e que chamou a atención a Guillermo Marconi durante a súa visita no ano
1928
Xunto a ela amosaranse outras zanfonas e
unha zanfona despezada cedidas para a ocasión por diversos particulares gracias
a colaboración da
Banda de Gaitas Manxadoira
O
domingo 19 as 13.00 h
Cristóbal
Pascual e Marcos Campos
darán un pequeno concerto de zanfona
O
sábado 25 as 20.00 h.
Carlos
do Viso
interpretará á zanfona cantigas de
cego percorrendo as salas de exposición.
3 de mayo de 2013
O día 18 de maio e o Día Internacional dos Museos, con tal motivo o Museo Massó levará a cabo unha serie de actividades ao longo deste mes.
O domingo 19 as 13.00 h Cristóbal Pascual e Marcos Campos darán un pequeno concerto ao organistrum.
Sábado 25 de maio de 12 a 14h. e de 17 a 20 h. e Domingo 26 de maio de 11 a 14h.
Curso A Zanfona e os trovadores na tradición musical galega que se desenvolverá en dúas fases, unha teórica na que se dan aos participantes unhas nocións básicas sobre os instrumentos musicais e as distintas formas nas que se produce o son, así como sobre a zanfona. A fase práctica consistirá na construcción por parte de cada participante da súa pequena caixa de música-zanfona coa melodía dunha das cantigas a Santa María de Alfonso X O Sabio.
Idade: de 12 en adiante. Inscrición previa: Telf. 986 321 838 // museo.masso@xunta.es
O sábado día 25 as 20.00 h. Carlos do Viso interpretará á zanfona cantigas de cego percorrendo as salas de exposición.
OBRADOIROS
Sábado 4 de maio ás 12.00 -13.00 h.
Obradoiro Atando Cabos. Nós mariñeiros
Para toda a familia
Sábado 11 de maio ás 12.00 -13.00 h.
Obradoiro O mapa do mariñeiro. A carta náutica
Para nen@s de entre 5 e 13 anos
Sábado 18 de maio ás 12.00 -13.00 h.
Obradoiro En busca do tesouro
Para nen@s entre 5 e 9 anos
Inscrición previa: Telf. 986 321 838 // museo.masso@xunta.es
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


.jpg)
